TELÉFONOS DE INTERESE

▼

3 de octubre de 2018

UN ACCIDENTE E UN COCHE ARDENDO AS INCIDENCIAS DO DÍA EN CAMBADOS


Pouco despois das 12 e media do mediodía tivo lugar un accidente na avenida de Vilariño, concretamente no paso de peóns do Mercadona. No accidente víronse involucrados tres coches. Todo sucedeu cando un dos vehículos freou para que pasara un peón. Nese intre dous coches que circulaban detrás no frearon a tempo e bateron un detrás de outro. Asistiron ao lugar Policía Local e Protección Civil acudiron ao lugar dos feitos.
Non se rexistraron danos personais



Por outro lado un coche ardía poucos tempo despois en Corvillón, concretamente na rúa do Porto en Tragove. O cehículo estaba aparcado cando por razóns que se descoñecen empezou a arder. Foi o propietario que apagou o incendio polo que os membros de Protección Civil cando chegaron ao lugar procederon a enfriar a zona do motor e conter o derrame de gasoil do vehículo. Garda Civil e Bombeiros acudiron xunto a Protección Civil de Cambados ao lugar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.