Hoxe o Concello de Cambados estrea nova páxina web, para facer máis accesible a información á cidadanía. Un novo portal dixital, creado pola empresa de Vilagarcía “Diseños e Webos” por un importe de 4.344 euros financiados polo Plan Concellos 2017 da Deputación. A nova web de Cambados é máis intuitiva, visible e sinxela de usar tanto para os veciños como para os funcionarios municipais. Así o explicaba a alcaldesa Fátima Abal na presentación da nova web, acompañada do concelleiro Miguel Osorio e da representante da empresa de deseño María Riveiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.