Un adiantamento indebido provocou está mañá un aparatoso accidente na vía rápida que comunica Cambados con Ribadumia, no que se viron implicados tres vehículos, un dos cales se deu á fuga, e dúas persoas resultaron feridas.
Segundo o servizo de emerxencias, a causa foi un adiantamento indebido dun dos turismos, un Mazda, que circulaba en sentido Pontevedra e invadiu o carril contrario para adiantar a unha furgoneta.
O vehículo que viña de fronte, polo carril en dirección Cambados, tivo que saírse da estrada para evitar o impacto pero na manobra acabou chocando coa furgoneta.
O condutor do coche que presuntamente provocou o accidente realizando o adiantamento deuse á fuga.
Os ocupantes dos outros dous vehículos implicados resultaron feridos.
Os dous feridos, un veciño de Cambados de iniciais B. P.V de 55 anos, e o outro veciño de Marín, S.V. L, de 38 anos, foron trasladados ao Hospital do Salnés con rasguños e dores cervicais.
Ata o punto trasladáronse dotacións da Garda Civil de Tráfico, do 061 e das agrupacións de Protección Civil de Ribadumia e Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.