O Consello de Ministros ratificou a autorización provisional para a subscrición da adenda de modificación ao convenio de colaboración, subscrito o 30 de decembro de 2014 entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Concello de Cambados para a realización e financiamento das obras de construcción da nova Praza de Abastos en terreos da anterior e da Lonxa Vella. A adenda modifica varias cláusulas do citado convenio, que se estende ata o 31 de decembro de 2020. Mantense o orzamento máximo de 3.600.000 euros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.