TELÉFONOS DE INTERESE
▼
20 de diciembre de 2017
200 XIMNASTAS EN FAVOR DA A.M.E.
O pavillón de O Pombal, en Cambados, acolle o vindeiro sábado 23 unha exhibición de danza a beneficio de GaliciAME, a asociación de apoio aos enfermos de atrofia muscular espinal e ás súas familias. O evento organízao a escola de danza cambadesa Grand Jeté. O evento empeza ás 17.00 horas, e congregará en Cambados a máis de 200 bailaríns, procedentes de ata 18 escolas de toda Galicia. Isto converterá a exhibición de Cambados nun dos eventos de danza clásica máis importantes en Galicia. As entradas están á venda durante este fin de semana na oficina de turismo (situada no edificio de Exposalnés), e a partir do luns venderanse na biblioteca municipal Luís Rei. Se se compran de forma anticipada, custan 1,5 euros, e se se compran en despacho de billetes, 2,5. O diñeiro recadado será doado a GaliciAME, unha organización radicada en Cambados que está a colaborar economicamente cun grupo médico do hospital catalán Sant Joan de Déu, que está a tentar completar unha historia natural de AME.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.