TELÉFONOS DE INTERESE

4 de noviembre de 2017

PREMIADOS NO 2º CONCURSO DE PINCHOS DE OUTONO











O Casal e o Parador do Albariño conquistaron ao xurado profesional, mentres que A Dos Piñeiros fixo o propio co popular. A entrega de premios desenvolverase o domingo ás 17.00 horas na Praza de Fefiñáns, dentro das V Xornadas de Degustación e Maridaxe.
A II Feira de Pinchos de Outono de Cambados contou con máis de 1.500 votacións. A cita, organizada por Cambados Zona Centro en colaboración co Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, desenvolveuse o pasado fin de semana nun total de dez establecementos hostaleiros da vila cambadesa. Cada un dos locais participantes presentou unha tapa doce e outra salgada, entre cuxos ingredientes se atopaba algún dos destilados con selo de calidade e orixe.
O xurado profesional, composto por membros do Consello Regulador, o Concello de Cambados e profesionais do sector, encargouse de valorar as elaboracións presentadas. Tras axustadas deliberacións e sempre destacando o alto nivel das propostas culinarias, o xurado profesional outorgou, dentro da categoría de petiscos salgados, o primeiro premio a O Casal; o segundo A Dos Piñeiros e o terceiro, A Cultural. Na categoría dos petiscos doces, o gañador foi o Parador de Cambados, mentres que o segundo posto foise para A Cultural e o terceiro para A Casa de Miguel.

A II Feira de Pinchos de Cambados tamén contou coas opinións do xurado popular. Das 1.535 votacións depositadas nas urnas, A Dos Piñeiros foi o establecemento vencedor en ambas categorías. En segundo lugar, na sección de petiscos salgados, quedou A Cultural, e en terceiro, Adega. No caso dos doces, o Parador de Cambados obtivo o segundo posto e A Cultural, o terceiro.
Premios para os clientes
Entre todos os clientes que emitiron os seus votos aos seus petiscos preferidos, Cambados Zona Centro realizou varios sorteos. Os agraciados son os seguintes:
Un lote de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia:
-María Aurora Pedreira
-María del Carmen Montes
-Estefanía Pérez
Bonos para ceas en cada un dos locais participantes (por valor de 30 €):
-Castor Cuiñas
-Aida Costa
-Minia Martínez
-Joaquín Cores
-Fernanda Rivas
-José A. Costa
-Vladimir Krisevyah
-Eladio Fernández
-Susana Domínguez
-Carmen Salgado
Vale de compra da Asociación Cambados Zona Centro por importe de 100 €:
-Marta Heras
Tanto os establecementos premiados cos galardóns do xurado popular (que recibirán unha placa conmemorativa) como do popular (que levarán un diploma), ademais dos agraciados no sorteo recibirán os seus respectivos premios o domingo 5 de novembro na Praza de Fefiñáns ás 17.00 horas. Este acto encádrase dentro da celebración do V Xornadas de Degustación e Maridaxe dás Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, que se desenvolverá durante todo este fin de semana en Cambados. O acto final será, xunto coa entrega de premios, o proceso de destilación en vivo na Praza de Fefiñáns.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.