Este venres 25 de novembro inaugúrase na Sala de Exposicións do Pazo de Torrado unha exposición do autor José Ramón Morquecho e que estará aberta ata o 7 de xaneiro baixo o título Silencios Naturais, de martes a domingo de 17 a 20 horas.
Morquecho, José Ramón (Pontevedra 1946 - )
Naceu no seo dunha familia de artistas, o seu avó era catedrático de debuxo e o seu pai pintor, o que propiciou un contacto temperán co mundo da arte. A súa formación foi completamente autodidacta, e compaxina o traballo artístico co da banca.
Nos anos setenta, estableceuse en Santiago de Compostela e a súa pintura dió un envorco, comezando a reflectir o ambiente de axitación social e política da época. O seu estilo decántase pola figura humana buscando nela a expresividade do individuo, con toda a carga emotiva do momento. É por isto, que a súa paleta redúcese a grises, ocres e negros, e a obra desta etapa, evidencia as influencias das Pinturas Negras de Goya.
Formou parte do grupo " Nome ", colectivo de artistas entre os que se atopaban Mª Xoxé Díaz, Xan Pardiñas, Lamela, Bibián e Quintana Martelo.
Conforme avanzan os oitenta, prodúcense cambios importantes na súa obra. Como consecuencia das viaxes que realiza por Francia e Italia, a súa paleta recupérase e enriquécese cunha ampla gama cromática. A paisaxe convértese agora en protagonista dos seus óleos. Pinta naturezas de forma rápida pero elaboradas, cargadas de efectos de luz, de contrastes e de grandes manchas de cores vivas e fortes: vermellos, verdes e malvas con reminiscencias da pintura fauvista. A súa posterior estancia en Nova York tamén se reflicte na súa obra, en acuosos lenzos, de grandes dimensións e maior porosidad.
Participou en numerosas exposicións e recentemente recibiu o Primeiro Premio do Cuarto Salón de Outono de Pintura, convocado pola Real Academia Galega de Belas Artes da nosa Señora do Rosario.
A súa obra atópase en importantes museos e coleccións, tales como: Museo Arqeuolóxico de Ourense, Museo da Fundación "Francisco Gil" (Salamanca), Museo Quiñones de León (Vigo), Fundación Antonio Pérez, Deputación de Cuenca, Colección de arte Afundación e en ABANCA Colección de arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.