TELÉFONOS DE INTERESE

20 de noviembre de 2017

MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NO PORTO DE TRAGOVE











A Consellería do Mar a través de Portos de Galicia está a traballar na mellora da seguridade viaria no peirao de Tragove, en Cambados. Así o confirmou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona.
Durán Hermida explicou que o seu departamento está a executar dende hoxe mesmo a repavimentación dos viais interiores do porto de Tragove. Esta actuación pretende eliminar as deficiencias que presentaba o firme, moi deteriorado pola actividade diaria neste peirao, especialmente nas zonas de xiro e manobras.
En concreto, os traballos consisten no estendido dun rego de adherencia e unha capa de 5 centímetros de mestura bituminosa en quente. En total a superficie que se reconstruirá será de 2.300 metros cadrados e a actuación incluirá o repintado da sinalización horizontal preexistente. Esta actuación conta cun investimento por parte de Portos de Galicia de máis de 24.000 euros e os traballos está previsto que rematen nos vindeiros días.

Sobre as pegas que está a poñer este ente á construcción da nova plaza de abastos o vilanovés non fixo ningún comentario





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.