TELÉFONOS DE INTERESE
▼
2 de noviembre de 2017
DILIXENCIAS ABERTAS CONTRA UN DIRECTIVO DO CLUB NÁUTICO DE SANXENXO POR POÑER CÁMARAS NUN VESTIARIO
Un directivo do Club Náutico de Sanxenxo foi detido por poñer, supostamente, polo menos unha cámara nun vestiario feminino, ao que acoden menores de idade. Actualmente están abertas dilixencias nos Xulgados de Cambados.
O directivo do náutico foi detido no verán e desde entón mantéñense abertas dilixencias, segundo confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras da investigación. Ao arrestado atribúeselle un delito de contra a intimidade das persoas con agravante de que hai vítimas menores de idade.
A investigación, segundo confirmaron a Europa Press fontes dese corpo de seguridade, levouna a cabo a Garda Civil de Pontevedra cando se tivo constancia de que se instalou, polo menos, unha cámara nos vestiarios. Desde entón está en instrución xudicial en Cambados.
O Náutico de Sanxenxo é moi coñecido, entre outros motivos, porque cada verán e ao longo do ano o rei emérito Juan Carlos acode para participar en regatas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.