TELÉFONOS DE INTERESE

1 de noviembre de 2017

CONFERENCIA "O VIÑO NA ARTE" E MARIDAXE PRODUCTOS LOCAIS E VIÑOS ROSADOS DA D.O. CIGALES













O Parador de Cambados, Cidade Europea do Viño 2017, acolleu a Conferencia "O Viño na arte" e a cata de catro viños Rosados da DO Cigales a cargo do Xerente da Oficina de Turismo de Cigales Jesús Pilar Sobejano.

O acto estaba incluído dentro da ampla programación de actividades da celebración este ano da Capitalidade Europea do Viño de Cambados, Vila do Albariño; onde a gastronomía local, o viño de Cigales e a arte fusionáronse nunha presentación que congregou a máis de medio centenar de persoas.

O Concelleiro de Enoturismo Jose Ramón Abal e a Concelleira de Turismo Mila Martínez acompañados da responsable da Oficina de Turismo Cambadesa Marién Padín presentaron o acto no cal se puido coñecer de primeira man a influencia do viño na arte ao longo da Historia acompañado posteriormente dunha excepcional maridaxe das Conservas de Cambados, navallas e mexillóns, xunto aos viños Rosados da Adega Hiriart, Adega Salvueros, Sinforiano Adegas e ValdelosFrailes do Grupo Matarromera.

Entre os asistentes á conferencia atopábase o Presidente do Consello Regulador de Augardentes e licores tradicionais de Galicia José Antonio Feijóo e o Xerente da Ruta do Viño Cigales Miguel Ángel García así como Hostaleiros, Adegueiros, Historiadores e Sommeliers da zona.

Esta actividade marca o punto de partida de futuras colaboracións entre a localidade vallisoletana de Cigales e a pontevedresa de Cambados onde a Gastronomía e o viño serán o nexo de unión das mesma.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.