TELÉFONOS DE INTERESE
▼
18 de noviembre de 2017
CINCO DETIDOS SOSPEITOSOS DE ROUBAR EN POLO MENOS NOVE GASOLINEIRAS
Cinco persoas sospeitosas de integrar unha presunta rede que roubou nos últimos meses en polo menos nove gasolineiras das provincias de Pontevera e A Coruña foron detidos, informou hoxe a Garda Civil.
Nun comunicado, subliña que os integrantes desa presunta rede, que considera agora "desarticulada", procedían a romper os cristais de estacións de servizo de noite, aproveitando que os establecementos estaban pechados, e subtraer as máquinas de tabaco e comecartos.
Os detidos foron identificados coas iniciais R.C.T., de 38 anos, residente en Pontecesures, así como I.P.J., de 19 anos, e J.M.C.S., de 32 anos, estes últimos afincados en Caldas de Reis.
Dous dos detidos da banda, á que lles atribúe os roubos en estacións de servizo mediante ese procedemento, están acusados de receptación de mercadorías, engade un comunicado.
Segundo a nota, os autores do grupo "utilizaban sempre un vehículo con placas falsas" e "adoptaban moitas medidas de seguridade" para evitar ser atrapados, o que dificultou a investigación e a detección dos sospeitosos.
Así, "utilizaban itinerarios alternativos nos desprazamentos para comprobar se estaban a ser controlados" e mesmo "realizaban recoñecementos previos" das estacións de servizo estudando "as vías de escape", e ata chegaron a colocar nalgunha ocasión "obstáculos nos accesos ás gasolineiras para non ser sorprendidos polas patrullas de servizo" dos axentes policiais, apunta a nota.
En outubro pasado, despois de varios meses de investigación, os axentes "sorprenderon in fraganti" en outubro pasado aos ocupantes dun vehículo cando "pretendían roubar nunha gasolineira de Cambados", o que permitiu deter aos demais.
Subliña que a pesar de que un dos ladróns logrou escapar, o condutor foi detido e o vehículo foi interceptado "tras unha complicada persecución".
Nos rexistros domiciliarios dos detidos, os axentes incautáronse dalgúns dos obxectos roubados, entre eles un remolque subtraído en Barro que o grupo utilizaba para transportar a mercadoría roubada, e catro máquinas expendedoras de tabaco e un comecartos, todas elas desvalixadas.
Ademais, acharon dúas máquinas máis mergulladas no río Ulla en Pontecesures e unha terceira abandonada nunha zona boscosa en Catoira á que prenderon lume e orixinaron un incendios forestal, segundo a nota.
A Garda Civil considera que o grupo é responsable de seis roubos en estacións de servizos da provincia de Pontevedra, dos cales dous en Cambados, dous en Caldas de Reis, un en Pontrecesures e outro en Barro, ademais doutros dous na da Coruña, que inclúe un en Dodro e outro en Padrón.
A detención produciuse na operación bautizada co nome de "Pitillo" e os arrestados atópanse en liberdade aínda que coa obrigación de comparecer, cando sexan citados, ao Xulgado de Caldas de Reis, que instrúe o caso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.