O municipio pontevedrés acolle este mércores a primeira fase do campionato | ||
|
Ao acto de presentación asistiron o concelleiro de Deportes de Cambados, Vítor Caamaño; o presidente do Club Juventud Cambados, Matías Fontán; o directivo da Real Federación Galega de Fútbol José Manuel Fernández e o delegado en Pontevedra, Jaime Otero. Antes das intervencións José Manuel Fernández obsequiou ao Concello e ao club cunha camiseta oficial da Selección Galega, en sinal de agradecemento pola colaboración prestada na organización deste campionato. Vítor Caamñao abriu o acto dando as grazas á Federación e ao C.J. Cambados. Recoñeceu estaren "encantados" de poder acoller este evento "no que poderemos ver 300 xogadores e xogadoras de toda Galicia, que representan o mellor futuro do fútbol galego", e tamén destacou a vertente turística e económica dun evento que "traerá a Cambados unhas mil persoas". Matías Fontán comezou agradecendo á RFGF por pensar en Cambados como sede do evento, resaltando qye "desde o primeiro momento nós trasladamos á Federación as nosas ganas e ilusión de albergar eventos e campionatos". Deulle as grazas ao Concello igualmente pola boa colaboración e predisposición co club e destacou o retorno que vai ter con Cambados a inversión realizada para a organización deste campionato. O directivo da RFGF José Manuel Fernández tamén comezou a súa intervención cos agradecementos, ao Concello e ao club, desexándolle a este a mellor das sortes "para regresar a onde se merece unha instirución tan relevante como é o Club Juventud Cambados". Fernández resaltou a aposta da Federación "polo fútbol base e o fútbol feminino", posta de manifesto na organización de campionatos como este e, sobre todo, quixo destacar o factor formativo dos mesmos: "Para nós é moi importante a formación e a aprendizaxe. Queremos que estes campionatos servan para inculcar aos rapaces e rapazas valores como o fair-play, respeto, solidariedade, xogo en equipo...". No Campionato Galego de Seleccións Comarcais 17-18 participan un total de 15 seleccións: sete femininas, correspondentes ás sete delegacións da RFGF (A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Pontevedra, Vigo e Ourense) e oito masculinas, categoría na que debuta a recén creada selección da Costa da Morte. Nesta primeira fase cada selección disputa dous partidos (determinados por sorteo) con dous tempos de 25 minutos cada un. Disputarase unha segunda fase co mesmo sistema de competición, e a suma de puntos das dúas determinará as catro seleccións de cada categoría que xoguen a fase final do campionato. A pasada tempada a primeira fase xogouse en Redondela, a segunda en Carballo e a final en Boiro. O feito de xogar simultáneamente encontros de categoría masculina e feminina fai necesario dispor dunha instalación con dous terreos de xogo xuntos ou próximos. Os 15 equipos que inician este mércores o torneo comarcal loitarán por suceder como campións á selección da Coruña, que o pasado ano se proclamou vencedora nas dúas categorías. Podedes coñecer todos os detalles (horarios, sistema de competición...) sobre o torneo descargando o dossier adxunto. | |||
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.