TELÉFONOS DE INTERESE
▼
18 de octubre de 2017
GRAN OCUPACIÓN TURÍSTICA NA PONTE PASADA
Ocupación hoteleira na ponte da Hispanidade
A presidenta da Deputación de Pontevedra tamén deu a coñecer os datos de ocupación hoteleira da pasada ponte que, segundo informou, "foron os mellores resultados dos últimos anos". Ao respecto, Silva asegurou que a ocupación media provincial en establecementos hoteleiros entre o 12 e o 15 de outubro ascendeu ao 85%, doce puntos máis que o ano pasado, e ata o 90% naqueles con instalacións de turismo termal.
Por comarcas, tal e como manifestou a presidenta provincial, O Salnés tivo unha ocupación do 88,16%. Neste caso, Silva engadiu que "en vilas da comarca, como O Grove, a ocupación chegou ao cheo absoluto, ao 100%, entre outras cuestións pola Festa do Marisco e tamén por ser unha das vilas con grande número de establecementos termais".
A comarca de Pontevedra acadou unha ocupación do 88,67%, O Morrazo do 93,33%, Caldas do 90,30%, Vigo do 91,91%, O Baixo Miño do 68,5%, O Condado e A Paradanta superaron o 88% e Deza e Tabeirós-Terra de Montes rozaron o 68%.
En canto ao turismo rural, Silva tamén amosou a súa satisfacción xa que a porcentaxe chegou ao 70% de ocupación media na provincia de Pontevedra. Máis polo miúdo, O Salnés superou o 70%, Pontevedra o 81%, O Morrazo o 65%, Caldas obtivo o 78%, Vigo o 70%, O Baixo Miño rozou o 85%, as comarcas do Condado e A Paradanta o 44,36% e as de Deza e Tabeirós-Terra de Montes o 55,38%.
Durante a ponte, a porcentaxe maioritaria de persoas que nos visitaron proviña de España (91,4%) e, en concreto, de Madrid, Zamora e Cantabria. O 43% tiñan entre 35 e 40 anos, aloxáronse en hoteis (70%) entre 4 e 6 días e viñeron motivados pola nosa oferta de ocio e a nosa cultura. En canto ás persoas estranxeiras (9%), proveñen, principalmente, de Reino Unido, Arxentina e Alemaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.