TELÉFONOS DE INTERESE

26 de octubre de 2017

ESTA FIN DE SEMANA REMATAN OS CICLOS DE CINE DOCUMENTAL E TEATRO EN CAMBADOS










Este próximo fin de semana rematarán os ciclos de cine-documental histórico e de teatro para adultos organizados pola Concellaría de Cultura do Concello de Cambados durante este mes de outubro.


No ciclo de documentáis a curta "Crónicas de pizarra e xis" de Xan Leira pecha a tempada.

Este documental salienta os valores de respecto que fornecía á instrucción pública republicana e o significado tráxico do golpe fascista de 1936 que atentou salvaxemente contra os valores democráticos e a vidas das persoas: mestres asasinados, torturados, encarcerados, depurados e sancionados deixaron obrigada e forzosamente o paso aos aduladores do novo réxime. O razoamento libre e creador foi reemprazado polo castigo físico, psíquico e o medo á autoridade. Emitido en "Galicia Documental" (TVG, 2006). 

Palmarés: Seleccionada polo Festival MIVICO na categoría documental.


Venres 27 as 20:00 proxectarase en Exposalnes 

En canto a "Teatro de Outono", a obra "Tropical" de Elefante Elegante cerra a tempada.

TROPICAL é un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla no universo da viaxe e na súa vasta riqueza de matices e dimensións.
Un navío habitado por viaxeiros con destinos entretecidos. Turistas, migrantes, músicos e refuxiados custodiados por unha vixiante e dilixente tripulación. Do norte ao sur nun cruceiro sedutor e do sur ao norte fuxindo da fame e dos cascallos.
Sábado, 14 de outubro, ás 20h no Auditorio da Xuventude.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.