TELÉFONOS DE INTERESE

24 de octubre de 2017

A RÍA DE AROUSA E CAMBADOS PROTAGONISTAS NOS PREMIOS ECONOMÍA AZUL








O vindeiro venres, 27 de outubro coñeceranse os proxectos gañadores dos I Premios da Economía Azul. Será no transcurso dunha gala que se vai celebrar na sala Einsenman da Cidade da Cultura a partir das 19:00 horas. Nela participará a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o Secretario Xeral de Pesca do Ministerio, Alberto López-Asenjo; a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo e a representante da Rede Europea das Zonas de Pesca (FARNET), Lorena Van de Kolk.
No acto premiaranse os mellores proxectos sustentables das zonas pesqueiras de Galicia postos en marcha no marco da convocatoria de 2016 das axudas para iniciativas dos grupos de acción local do sector pesqueiro.
A Consellería do Mar promoveu estes premios de cara a visibilizar o traballo destes grupos nas zonas pesqueiras e motivar a potenciais promotores para que presenten proxectos nos vindeiros anos. Os galardóns non teñen dotación económica, pero supoñen un recoñecemento público para os proxectos destacados en cada unha das categorías.
Cabe lembrar que para a elixir os mellores proxectos, a Consellería do Mar abriu unha votación pública na que, a partir do 2 de outubro e ata o pasado domingo 22, toda a cidadanía puido participar a través da páxina web https://galp.xunta.gal/ e escoller as iniciativas máis atractivas nas categorías de apoio á pesca costeira artesanal, creación de emprego no sector pesqueiro e marítimo, diversificación e desenvolvemento social e innovación local.
Os finalistas desta primeira edición son:
Ao premio para o mellor proxecto de Apoio á pesca costeira artesanal
1/ Proxecto de cooperación entre os GALP de Arousa, Pontevedra e Vigo para a ‘Mellora da Gobernanza da Xestión Pesqueira Artesanal no ámbito do Parque Nacional Illas Atlánticas’.
2/ Proxecto ‘DESCARPESC’ (GALP Ría de Pontevedra).
3/ Proxecto ‘XESMAR’ (GALP Ría de Arousa).


Ao premio para o mellor proxecto de creación de emprego:

1/ Proxecto ‘EMPENDEMAR’ (GALP Ría de Arousa).
2/ Proxecto para desenvolver unha ‘Nova liña de fabricación para os produtos procedentes da pesca artesanal’ (GALP Ría de Pontevedra).
3/ ‘O Semáforo de Fisterra’ (GALP Seo de Fisterra-Ría de Muros-Noia).


Ao Premio para o mellor proxecto de diversificación
1/ ‘Turismo industrial na Costa da Morte’ (GALP Costa da Morte).
2/ ‘Lonxanatur’ (GALP Ría de Arousa).
3/ ‘Nigrán, Mar de Sabores’ (GALP Ría de Vigo-A Guarda).

Ao Premio para o Mellor Proxecto de Innovación local
1/ ‘Fabricación, distribución e venda de Bombóns do Mar’ (GALP A Mariña-Ortegal).
2/ Xestión das algas recollidas nas accións de limpeza e mantemento dos bancos marisqueiros, (GALP Ría de Vigo-A Guarda).
3/ Mellora da rede de varamentos 2016, (GALP Ría de Vigo-A Guarda).






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.