TELÉFONOS DE INTERESE
▼
22 de agosto de 2017
FESTA CIDADE EUROPEA DO VIÑO
A Festa Cidade Europea do Viño chega a Cambados como peche da celebración dos Festivais Rías Baixas 2017.
O festival, que se celebra coa colaboración da Deputación de Pontevedra, terá lugar o 9 de setembro no Parque Torrado.
As bandas que pasarán por alí son as seguintes: Belako, Familia Caamagno, Fachendoso, Ghesgha, Disco As Palmeiras!, Cápsula, Brian Cros, Emilio José e Os Indíxenas, Oh Ayatollah, Kings of the Beach e Nena Coyote eta Mozo Tornado.
Bandas locais cun enorme potencial xunto a bandas xa consolidadas no panorama musical nacional. Desta maneira veremos xuntos no escenario a bandas como Cápsula, interpretando a súa versión persoal de Ziggy Stardust de David Bowie, os vascos Belako, os cales están a dar os últimos flocos ao que será o seu novo traballo ou os galegos Kings of the beach, cuxo directo vos recomendamos encarecidamente que non vos perdades pola súa forza e enerxía.
Os concertos comezarán ás 12:30h e prolongaranse ata entrada a madrugada, sendo unha xornada accesible para toda a familia. Ademais, o festival contará con foodtrucks, servizo de bebidas e actividades para os máis pequenos.
Os prezos varían entre os 10? da entrada anticipada e os 15€ que valerán as entradas en despacho de billetes. A entrada a menores de 16 está permitida a condición de que estean acompañados por un titor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.