Unmotorista resultou ferido esta mañá despois de colidir a moto conducía contra un turismo, no lugar de Vilariño, no concello pontevedrés de Cambados. O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 10:50 horas, grazas a un particular que chamou para pedir axuda. Solicitaba asistencia para o motorista que estaba tendido no chán, na Rúa Sineiro. Así, decontado, dende o CIAE pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e informouse aos axentes de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Os Bombeiros do Salnés tamén foron informados. O ferido resultou ser J.M.V.B. de 77 anos que foi derivado ao Hospital do Salnés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.