TELÉFONOS DE INTERESE

▼

26 de julio de 2017

ÉXITO DA RUTA DAS ESTRELAS DA RUTA DO VIÑO RIAS BAIXAS










Unhas trinta persoas gozaron da actividade "Ruta de Estrelas" organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas. A cita desenvolveuse nas instalacións da adega asociada Mar de Frades e rexistrou "un éxito de convocatoria", explican desde a Ruta. 
Non en balde, as prazas dispoñibles esgotáronse a dez días da celebración do evento. A Ruta incluíu unha visita guiada pola adega, unha cata comentada dun espumoso e unha observación astronómica guiada por membros da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra. Entre outras cousas, os asistentes tiveron ocasión de ver pasar a Estación Espacial Internacional. Desde a asociación sen ánimo de lucro, o seu xerente, Lorena Varela, indicou que "dado o éxito que tivemos con esta proposta, a idea é darlle continuidade nos próximos anos".





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.