TELÉFONOS DE INTERESE

24 de junio de 2017

V GALA DO FÚTBOL FEMININO GALEGO EN CAMBADOS









Mañán pola tarde, no Auditorio Municipal, desde as 19,30, terá lugar a V Gala do Fútbol Feminino Galego. O evento constitúese como o acto social máis importante do futfem galego e un dos principais dos que se celebran en España destas características. Os mellores clubs, as mellores xogadoras de todas as categorías, a mellor colexiada, o once ideal galego de Segunda División, o club máis deportivo da campaña, ou o mellor club galego da temporada recibirán os seus recoñecementos. O acto terá o seu final coa entrega do trofeo de mellor futbolista galega á santiaguesa Vero Boquete.
O Concello de Cambados, a través da súa Concellaría de Deporte e a Revista do Fútbol Feminino Galego, organizan conxuntamente este acto que terá unha duración aproximada de unha hora e cuarto e no que se compaxinarán a entrega de até 26 trofeos coa proxección de varios audiovisual relacionados co fútbol feminino.
Sen perder o seu compromiso coa historia, na Gala será recoñecida a traxectoria de Ana Veiga, a futbolista padronesa que alcanzou a selección española absoluta militando no Santo Cristo de Pazos, un feito case imposible de non ser pola súa gran calidade que a levou a xogar posteriormente en equipos da importancia do At. Villaverde e o Porvenir, a finais da pasada década dos oitenta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.