ACTOS DO DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
Mañán luns 3 de abril, ás 12 do mediodía, todos os veciños e veciñas estamos convidados a achegarnos ata a praza do Concello, onde se dará lectura ao manifesto polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. O manifesto será lido por un membro da asociación BATA e irá acompañado por outras iniciativas destinadas a dar visibilidade a este colectivo, como a iluminación en azul do Concello e da estatua á Naiciña, a colocación de globos azuis (cor representativa da concienciación sobre o autismo) e a renovación e ampliación do convenio coa asociación BATA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.