TELÉFONOS DE INTERESE

2 de marzo de 2017

O CONCELLO SACA A LISTA DE POSTOS DE TRABALLO A CUBRIR CON CARGO AO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN












As persoas interesadas en participar no proceso selectivo para cubrir as distintas prazas que o Concello ten subvencionadas con cargo o plan de Concellos 2017 deberán inscribirse nas ocupacions seguintes, na oficina de emprego.


O Concello de Cambados vai contratar un total de 34 persoas desempregadas neste exercicio 2017 a través de dous plans da Deputación de Pontevedra, por un lado vanse contratar un total de 30 persoas mediante o Plan de Obras e Servicios (Plan Concellos), 2017, e por outra banda ven de aprobarse, a inclusión deste concello no Plan de Practica Laboral 2017, no que se admite a inclusión de 4 bolseiros para o exercicio 2017.

O Plan de Emprego, incluído na liña 3 do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2017, permite destinar un total de 207.565,98 €  na contratación de desempregados para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, a través  da prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral e social, e por outra banda a inserción dos colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo, propiciado pola actual crise económica, vítimas de violencia de xénero, candidatos maiores de 45 anos, candidatos que formen unha familia monoparental con fillos a cargo, persoas candidatas con renda máis baixa, e persoas candidatas con cargas familiares.

As traballadoras e traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. Os traballadores serán seleccionados mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio do concello de Cambados.

O concello será quen realice a selección definitiva dos candidatos, a través dos funcionarios municipais e de conformidade coa normativa aplicable, na forma prevista e segundo os criterios sinalados na orde destas axudas onde se priorizara a inclusión de desempregados en colectivos máis desfavorecidos e con dificultades para encontrar un posto de traballo. Vaise contratar mediante este plan:


DEPARTAMENTO DE OBRAS 
Posto: Operario Mantemento/Barredores.
Número de postos: 8 con data inicio marzo
                               6 con data de inicio en xuño

Posto:  Operario Mantemento/ electricista.
Número de postos: 1

Posto: Operario Mantemento/ fontaneiro
Número de postos: 1

Posto: Mantemento Albanel
Número de postos: 2

DEPARTAMENTO DE ADMINISTRACION XERAL

Posto: Auxiliar de Contabilidade
Ocupación: Empleado Administrativo de Contabilidade en Xeral
Número de postos: 1

Posto: Auxiliar de Tesourería
Ocupación: Empleado Administrativo de Contabilidade en Xeral
Número de postos: 1

Posto: Auxiliar de Intervención
Ocupación: Empleado Administrativo de Servicios de Persoal
Número de postos: 1

Posto:  Auxiliar de Contratación.
Ocupación: Empleados de gestión financiera de empresas. 

Posto:  Auxiliar de Rexistro
Ocupación: Empleados Administrativos con tareas de atención ó público.
Número de postos: 1

Posto: Traballador Social
Ocupación: Traballador Social
Número de postos: 1

DEPARTAMENTO DE CULTURA E MEDIOAMBENTE

Posto:.Auxiliar de Cultura
Ocupación: Monitores de Servicios a comunidade
Número de postos: 4

Posto: Técnico de Medioambente.
Ocupación: Técnico de Medioambiente.
Número de postos: 1

Posto: Coidador/Recolledor de cans 
Ocupación: Coidador/Recolledor de cans 
Número de postos: 1











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.