TELÉFONOS DE INTERESE

5 de marzo de 2017

ACTIVIDADE SMARTPEME: RENTABILIZA O TEU PERFIL PROFESIONAL AUMENTANDO SEGUIDORES EN FACEBOOK









O CENTRO EXPOSALNÉS DE CAMBADOS ACOLLERÁ, DURANTE TODO O MES DE MARZO, CINCO OBRADOIROS AO ABEIRO DO PROGRAMA SMARTPEME DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

O primeiro deles desenrolarase mañán luns desde as 19:00h en Exposalnés


"Este obradoiro ten como obxectivo mostrar a importancia e as distintas vantaxes de ter seguidores no noso perfil profesional. En consonancia con isto, a idea é achegar o necesario para que os asistentes manexen as técnicas básicas, mostrando exemplos que lles permitan ver como se plasman na práctica estas técnicas, para que a continuación traballen sobre eles.

• Importancia dunha imaxe de marca en internet
• Factores para mellorar a túa presenza en liña, tipos de contidos (imaxes, infografías, vídeos, artigos, presentacións)
• Introdución ás redes sociais.
• Técnicas especializadas para aumentar seguidores
• Imaxe e reputación en internet
• Ferramentas do día a día
• Publicidade en redes sociais

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos."
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.