TELÉFONOS DE INTERESE

3 de marzo de 2017

A XUNTA BÚRLASE DOS VECIÑOS DE CAMBADOS








A falta de axudas por parte da Xunta para a celebración do ano de Cambados Cidade Europea do Viño, fixo que o grupo Socialista no Parlamento Galego presentase unha serie de preguntas sobre o tema para que sexan respostadas polo goberno Feijóo.

«A gala de presentación é o día 25 e seguimos sen saber nada do apoio da Xunta. Cando veñan as axudas xa non as necesitaremos e logo dirán que as rexeitamos», dixo Fátima Abal onte na comparecencia xunto a Julio Torrado.

Desde hai dous meses membros do grupo de goberno local veñen entrevistándose con responsables de varias consellerías sin acadar resposta positiva as suas peticións de colaboración. Desde a Xunta non ofreceron nada en concreto. O último foi comprometerse a axudar ao mundo do viño, sin valorar axudas específicas para o evento que desde un primeiro momento foi catalogado polo goberno cambadés como un evento para toda Galicia.

Sabido é por todos que a Xunta aparte de felicitar ao Concello de Cambados polo premio, non tivo a ben apoiar coa sua presenza en actos de presentación e promoción do evento, como por exemplo en FITUR onde Nava Castro, Secretaria Xeral para o Turismo, non se dignou a aparecer. 

Tamén os Socialistas de Galicia presentaron unha moción sobre o Centro de Día, na que instaban á Xunta a que subiran a inversión otorgada de 75.000 € a aos 90.000 € inicialmente previstos pola propia Xunta. Finalmente o Concello debería aportar 15.000 €.
A resposta da Xunta foi a de rebaixar incluso 5.000€ no plego presentado ao concello polo que sen previo aviso deneríanse aportar 5.000 € máis.

A Xunta prometera imiciar os trámites para que o Centro de Día estivese en funcionamento neste mes de marzo, eso sí coa metade das prazas prometidas nun principio, pero comprometéndose a ir aumentando ese número paulatinamente.

Como vedes unha burla ao goberno local e o que é peor, aos veciños de Cambados.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.