TELÉFONOS DE INTERESE

27 de febrero de 2017

UN PROXECTO CONXUNTO DA CONFRARÍA E CONCELLO SERÁ SUBVENCIONADO POLA COMUNIDADE EUROPEA














O Proxecto conxunto Emprendemar presentado polo Concello xunto coa Cofradia de Pescadores de Cambados ven de ser seleccionado para ser subvencionado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca a través dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro; trátase dun proxecto plurianual. 
A estratexia do proxecto vai encamiñada a promover o crecemento e desenvolvemento económico e social do territorio, apoiando a diversificación das actividades da pesca e fomentando, prioritariamente no colectivo de xoves e mulleres, o emprendemento e a capacitación. As actuacións contempladas no proxecto aspiran por tanto a favorecer a cohesión social e á mellora da calidade de vida do territorio a través do apoio da diversificación e á creación de emprego, mellorando deste xeito as posibilidades de atopar novas fontes de ingresos e de dotar de valor engadido as actividades e produtos locais. 
O alto valor dos recursos naturais locais, en termos paisaxísticos e de biodiversidade, constitúe unha importante fortaleza estratéxica que non se pode desaproveitar, para promover o crecemento económico e a competitividade, tal e como suxire o FEMP no seu programa operativo 2014-2020. 
En resposta a tal situación, o proxecto intervén en este ámbito ao establecer como primeiro obxectivo específico “Analizar e avaliar as posibilidades e recursos que ofrece o territorio local para a diversificación das actividades pesqueira e acuícolas”.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.