TELÉFONOS DE INTERESE

7 de febrero de 2017

O COLEXIO DE SAN TOMÉ CONTARÁ CON COMEDOR O VINDEIRO CURSO












O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o CEIP San Tomé de Cambados para analizar o espazo que podería utilizarse para a creación dun novo comedor escolar que daría servizo a uns 75 alumnos.
Na visita, o delegado territorial estivo acompañado do xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, así como do equipo directivo e responsables da Anpa, e dos concelleiros do municipio, María Xosé Cacabelos e Luis Aragunde. 

 
Dende a dirección do centro estímase que o lugar máis axeitado é antiga casa do conserxe, un espazo de 90 metros cadrados. “Hoxe viñemos a comprobar a zona elixida pola comunidade educativa porque sabemos que se trata dunha demanda deste colexio que permitirá a conciliación familiar y laboral. Agora teremos que comprobar custes e informes técnicos, aínda que, en principio, calculamos que a obra roldaría os 100.000 euros”, explicou Cores Tourís.

 
Neste senso, o delegado matizou que “se trata dun investimento moi importante para o que vai ser necesaria a colaboración do concello”. Neste senso, recordou que o próximo paso sería a firma dun convenio entre ambas administracións de cara a comezar ca redacción do proxecto de reforma. A este respecto, a concelleira María Xosé Cacabelos mostrou o interese do concello por colaborar na creación deste comedor.


 En 2016 o CEIP San Tomé foi xa obxecto dunha importante reforma que permitiu mellorar os aseos do centro así como ampliar a biblioteca, nunha obra na que se investiron case 40.000 euros. “Neste senso, queremos agradecer a implicación do concello que tamén colaborou na consecución desta mellora. Agora agardamos que tamén colabore na reforma da casa do conserxe de cara a que o novo comedor sexa unha realidade para o próximo curso educativo”, engadiu o delegado territorial.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.