TELÉFONOS DE INTERESE

6 de febrero de 2017

NOVAS AXUDAS PARA XÓVENES DA XUNTA DE GALICIA















Axudas universitarios/as para cursos idiomas en verán


A OMIX DE Cambados veb de informar de novas axudas a xóvenes galegos universitarios para cursos de idiomas e para a xuventude voluntaria un programa sobre liderado e innovación social.                                                                                                    

A Xunta de Galicia convoca 150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, do alumnado universitario matriculado no curso 2016/17 nalgunha  das  tres  universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia coa finalidade de coñecer a lingua dese país.
As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2017, ambos inclusive.
A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 900 €.
Requisitos:
– Estar matriculado no curso 2016/17, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data desta convocatória.
– O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
– O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2017.

As solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.es/ co procedemento ED416A


Máis información no DOG do 27 de xaneiro de 2017 e en http://www.edu.xunta.es/




Segunda edición de Líderes de futuro, 
programa de liderado e innovación social 



A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social convoca a segunda edición de Líderes de futuro, un programa de liderado e innovación social que ten como obxectivo desenvolver as competencias clave dos mozos e mozas participantes, así como facilitarlles as ferramentas conceptuais e prácticas necesarias, que lles permitan enfrontarse con éxito a proxectos de innovación social na súa contorna.
Esta actividade formativa pretende facilitar o contacto entre mozos e mozas líderes na nosa comunidade autónoma, construíndo unha rede que favoreza a colaboración en proxectos de impactos social positivo entre entidades xuvenís e de acción voluntaria e mozos e mozas a título individual.

Prazas: 20 prazas 
Prazo de inscripción: Do 1 ó 15 de febreiro.
Destinatarios/as
Persoas que formen parte das entidades inscritas non censo de Entidades Xuvenís ou no Rexistro de Acción Voluntaria dá Dirección, Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. 

Mozos e mozas con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos que a título individual participasen nalgún dos programas da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e demostren calidades para liderar na súa contorna proxectos innovadores cun impacto social positivo. 
Metodoloxía e contidos
Tendo en conta as dificultades que habitualmente supón a participación en actividades de formación extracurricular para os mozos e mozas, ao esixirlles afastarse das súas rutinas académicas, laborais ou de lecer, óptase por un formato áxil que comprende catro sesións intensivas de tres días de duración cada unha.
1. Participación e empoderamento xuvenil. (3-4-5 de marzo)
2. Innovación e emprendemento no ámbito da sociedade civil. (31 de marzo, 1-2 de abril)
3. Emprendemento e modelos de negocio disruptivos. (5-6-7 de maio)
4. Liderado social: características e competencias. (8-9-10 de septembro)

Lugar de celebración:
Albergue xuvenil de Gandarío-  Cornida, 20  /15.167 Bergondo (A Coruña)



   






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.