TELÉFONOS DE INTERESE

9 de febrero de 2017

ALERTA LARANXA NAS COSTAS DE PONTEVEDRA E CORUÑA











A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), informa no seu boletín nº 22/71 GAL do día 09/02/2017 emitido ás 11:40 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS de nivel LARANXA que afectará durante ó día 10/02/2017 as franxas costeiras das provincias de A CORUÑA (Noroeste, Oeste, Suroeste) e PONTEVEDRA, por mar combinada do oeste de 5 a 6 metros.
O comezo está previsto sobre as primeiras horas do día 10/02/2017, estimándose que se prolongue durante todo o día ata a noite do 10/02/2017

Alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir das primeiras horas de mañá e que se prolongará, previsiblemente, ata a noite.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase mar combinada do oeste de 5 a 6 metros, que afectará ao litoral da provincia de Pontevedra e ao noroeste, oeste, e suroeste da Coruña.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén se lle recorda á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.