TELÉFONOS DE INTERESE
▼
20 de enero de 2017
NOVAS CONFIRMACIÓNS DE CONCERTOS PARA O ALBARIÑO 2017
Trala confirmación do concerto de Heredeiros da Crus na Festa do Albariño deste vindeiro agosto, onte confirmouse outra actuación. Trátase da orquestra de música folk e tradicional SonDeSeu.
SonDeSeu é a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galiza, considerada como unha das primeiras orquestras folk de Europa formada por 53 membros e dirixida por Rodrigo Romaní. É tamén unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.
En SonDeSeu ten unha participación moi importante o cambadés Xaquín Xesteira que dirixe a parte de gaita e percusión desta orquestra.
Aparte o concello sigue traballando na contratación dun grupo de nivel e categoría internacional como cabeza de cartel para a Festa do Albariño 2017. Polo momento baránllanse varios nomes, sobre todo o de dous grupos, pero debido a complexidade das negociacións e as datas non se poden dar nomes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.