TELÉFONOS DE INTERESE

24 de enero de 2017

NOITES MOUCHAS PARA A XUVENTUDE CAMBADESA












 “Noites Mouchas” é un proxecto nace como resposta a unha inquedanza cada vez maior da mocidade, que reclama ter un espazo propio e que non sempre se ve atendida, nin sequera escoitada en moitas ocasións. O tempo libre constitúe unha peza moi importante para o desenvolvemento emocional das persoas, en especial dentro dunha franxa de idade na que se forma en gran medida o carácter e a personalidade, se fan amizades e se crean lazos emocionais e afectivos dunha maneira máis intensa que en outras etapas da vida.
Sen embargo, esta é unha etapa tamén moi delicada. Vivimos nunha época na que as ofertas de ocio individuais e pasivas son moi abundantes, mentres que as posibilidades de ocio activo e colectivas son moito máis limitadas. O fenómeno do botellón é un síntoma evidente desta deixadez. A xuventude ten desexos de relacionarse persoalmente, de expresarse abertamente e de buscar o seu lugar e o seu protagonismo. Moitas veces culpabilízase aos mozos e mozas de utilizar o botellón como única forma de diversión colectiva, cando a realidade é que tampouco se lles ofrece a maioría das veces outras alternativas.
As fins de semana convírtense no momento de divertirse e de buscar experiencias que se convirtan nunha válvula de escape da rutina diaria. E, precisamente por ser esta unha etapa tan delicada é imprescindible a existencia dunha ampla variedade de ofertas de ocio.
E aquí é onde nacen as “Noites Mouchas” do Concello de Cambados, dando resposta a unha búsqueda de alternativas apenas atendida anteriormente. As administracións públicas teñen a obriga de ter un papel activo á hora de ofrecer opcións que cubran este aspecto tan fundamental, xa que do seu éxito vai depender que aumenten nun futuro este tipo de iniciativas.
Así, cóntase agora cunha oferta variada orientada ao disfrute dos nosos xóvenes, cun enfoque diverso, alternativo e desenfadado, orientado á súa máxima participación e coa esperanza posta en espertar novos intereses e aficións.
Noites Mouchas” son unha serie de 12 actividades que se desenvolverán tódolos venres entre o 3 de febreiro e o 28 de abril, con dúas excepcións que son o 24 de febreiro, que coincide co entroido e o venres 14 de abril, que coincide en venres santo.
As actividades realizaranse no Salón de José Peña. Poderán participar tódolos mozos e mozas de entre 16 e 35 anos que o desexen. Para participar deberán cubrir unha ficha de inscrición, que poderán solicitar a través dos correos electrónicos noitesmouchas@gmail.com ou efervescenciamental@gmail.com ou descargala como arquivo adxunto nesta páxina. Tamén poden cubrila presencialmente tanto na OMIX como no propio concello. A entrada terá un custe de 2€ para calquera das actividades.
Dentro dos arquivos adxuntos está a disposición un folleto en pdf con información de tódalas actividades a realizar.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.