Dous equipos en postos de playoff loitando por unha vitoria que se antolla importante para ambos. O HLA Lucentum chega tras caer derrotado en Copa LEB Prata aínda que o seu adestrador asegura que "ese partido decidiuse por pequenos detalles e as sensacións foron de xogar ben". Dionte Ferguson recuperouse das súas molestias mentres que os galegos chegan tamén despois de perder en Morón e con tres xogadores en bo estado de forma: Erik Quintela, Adrián Chapela e Charles Nkakloulou.
O equipo alacantino, despois de dezasete xornadas disputadas, é segundo na clasificación de LEB Prata cun balance de doce vitorias e cinco derrotas. Pola súa banda, Cambados Cidade Europea do Viño 2017 afrontará o encontro ante o equipo alacantino despois de perder ante Aceitunas Fragata Morón por 90 a 77. O equipo galego é sétimo clasificado cun balance de dez vitorias e sete derrotas.
O adestrador do HLA Lucentum destacou a figura de Erik Quintela e Charles Nkaloulou. Miguel Ángel Zapata afirmou que "Quintela está a asumir moitos minutos e pode achegar en moitas facetas do xogo". Pola súa banda, "Nkaloulou é moi versátil porque pode tirar desde a liña de tres puntos e postear", engadiu o técnico lucentino. O á-pivote congoleño promedia 15,7 puntos por partido e é o terceiro mellor xogador da liga con 17,8 de valoración por encontro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.