TELÉFONOS DE INTERESE

20 de enero de 2017

CAMBADOS RECIBIRÁ DO "PLAN CONCELLOS" DA DEPUTACIÓN CASE 1 MILLÓN DE EUROS














Cambados recibirá este ano preto do millón de euros do "Plan Concellos" da Deputación, un 2% máis de recursos que o ano pasado

Durante o pasado ano 2016, o Goberno provincial de Carmela Silva achegou en total á vila de Cambados investimentos por máis de 1.700.000 euros
A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 un 2,1% máis de recursos ao concello de Cambados no marco do "Plan Concellos". Deste xeito, a vila da comarca do Salnés recibirá un total de 923.739,30 €, 18.625,83 euros máis que en 2016, o que se traduce nun incremento do 2,1% dos recursos que recibiu respecto ao ano pasado, no que xa tivera un 49,5% de incremento respecto a 2015 (isto é,299.856,41 € máis). Á marxe do "Plan Concellos", Cambados recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.
Investimentos totais durante 2016
Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Cambados un total de 1.746.651,56 euros, dos cales 905.113,47 € se corresponderon co "Plan Concellos 2016". Ademais, a institución provincial investiu 14.000 € en mobilidade, 75.000 € en cohesión social e xuventude, 35.000 € en cultura e lingua, 78.000€ para o fomento do emprego, 49.000 € para o impulso do deporte, 16.000 € en medio ambiente, 6.000 € en materia de turismo e outros 8.000 € para a igualdade entre mulleres e homes.
En concreto, a través da liña 1 do "Plan Concellos", investíronse 531.605,96€ para a realización da mellora da capa de rodadura, dotación de beirarrúas e asfaltado de Burgáns, o soterrado dos tendidos eléctricos na rúa Real, a adquisición de maquinaria para o servizo de limpeza municipal, a dotación de biosaudables a carón do parque infantil de Castrelo, a pavimentación de camiños, a mellora do alumeado público de diversas parroquias, o ensanche dun viario na rúa Cruceiro, a mellora dos servizos urbanísticos da rúa Bimbio, o acondicionamento de viarios en Vilariño, a estación de bombeo de augas residuais en Laxes (Corvillón), a mellora das pistas de tenis e da superficie da pista de atletismo do Pombal, a dotación de contedores soterrados na rúa Curros Enríquez, a mellora no alumeado público de varias parroquias, a dotación dunha caldeira de biomasa para o centro sociocultural da Merced, a dotación de beirarrúas e aparcadoiros no polígono industrial do Salnés e a adecuación do quiosco do Torrado. Ademais,135.767,02 € para sufragar gastos correntes a través da liña 2, 33.941,76 € en liña 3 destinados a diversas actividades de Nadal e do Entroido e,grazas á liña 4,creáronse 29 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 202.101,65 euros. Tamén en materia de cooperación, Cambados recibiu 499.343,98 € ao abeiro das obras da cuberta da piscina climatizada do complexo deportivo do Pombal.
Á marxe do "Plan Concellos 2016", Cambados recibiu 35.464,55 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con preto de 60 actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como coas axudas á rehabilitación do patrimonio histórico-cultural e as dirixidas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 74.722,11€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociaiscomunitarios (entre eles o Servizo de Axuda no Fogar, SAF), as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (da que se benefician 20 persoas) ou ben mediante os programas"En Ruta coa Depo", "Depo en marcha", "Tecendo lazos", "DepoTermal" (coa participación de 15 persoas maiores) e "Depo Aventura A Lanzada", ao que asistiron 36 nenas e nenos do concello.
Do mesmo xeito, Cambados recibiu 48.909,74 € para o deporte federado de base, a Copa de fútbol Deputación de Pontevedra, axudas á participación en ligas e competicións oficiais, diversas actividades deportivas e a "DEPOrte Escola" de piragüismo, así como 77.783,04€ destinados ao fomento do emprego a través dos Plans de Práctica Laboral, que están a permitir que catro persoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no concello de Cambados e, outras catro, no tecido empresarial da vila.
Tamén se achegaron 8.173,75 € en Igualdade no marco do programa "Conectadas 2016" e das axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes parao fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homese prevención da violencia machista (co que Cambados elaborou un plan de igualdade de oportunidades para o CIM do Salnés), 6.052,44 € en turismo para a Asociación da Ruta do Viño, 16.156,50 € en medio ambiente co mantemento dos campos de fútbol e as subvencións ás cooperativas agrogandeiras para investimentos e, finalmente,outros14.138,81 € en materia de mobilidade, en concreto para as obras de sinalización horizontal nos viarios provinciais.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.