Este martes día 6 celébrase no campo A Moreira de Xinzo de Limia a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-12, unha competición na que poderemos ver ós mellores xogadores alevíns de Galicia defendendo ás seleccións das súas delegacións federativas.
Nesta convocatoria está o cambadés Nuno Rivero, un dos catro xogadores do Cambados que foron convocados a un adestramento da Sel. de Pontevedra.
Despois do primeiro adestramento, quedaron so dous xogadores do Cambados, o propio Nuno e Noel para finalmente ser o cancerbeiro quen xogue esa fase.
Xa temos o calendario de competición definido.
CATEGORÍA MASCULINA
HORA | PARTIDO |
10:00 | Ourense - Lugo |
10:45 | Ferrol - Santiago |
11:30 | Vigo - A Coruña |
12:15 | Pontevedra - Ourense |
13:00 | Lugo - Ferrol |
16:00 | Santiago - Vigo |
16:45 | A Coruña - Pontevedra |
17:30 | Ourense - Ferrol |
18:15 | Lugo - Santiago |
19:00 | Vigo - Pontevedra |
Xinzo de Limia levantou hoxe o telón da Primeira Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-12 que se vai a disputar durante todo o día de mañá no campo A Moreira, de herba natural. Hoxe foi presentado oficialmente o evento no salón de pleno do Concello, coa presenza do alcalde da localidade ourensá, Antonio Pérez Rodríguez, do concelleiro de Deportes, Luis Miguel Gil e por parte da Federación Galega de Fútbol o vicepresidente José Manuel Fernández Cid, o delegado en Ourense, Raúl Rois, e o secretario da Delegación, Óscar Álvarez.
A competición dará comezo ás 10 da mañá e extenderase ata as 8 da noite.
Participan as seleccións masculinas das sete Delegacións (Ferrol, A Coruña, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo) e cinco femininas (Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo). 200 nenos e nenas que representan o futuro máis prometedor do fútbol galego.
CATEGORÍA FEMININA
HORA | PARTIDO |
10:00 | Santiago - Pontevedra |
10:45 | Ferrol - A Coruña |
11:30 | Vigo - Santiago |
12:15 | Pontevedra - Ferrol |
13:00 | Vigo - A Coruña |
16:00 | Ferrol - Santiago |
16:45 | Pontevedra - Vigo |
17:30 | A Coruña - Santiago |
18:15 | Ferrol - Vigo |
19:00 | Pontevedra - A Coruña |
Os partidos van a xogarse no campo de herba natural de A Moreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.