HOMENAXE A CABANILLAS NO 57 CABODANO DO SEU PASAMENTO
Mañá mércores 9 de novembro celébrase o 57 cabodano de Ramón Cabanillas, coincidindo co Centenario das Irmandades da Fala. Para conmemoralo, levarase a cabo ás 19:30 unha ofrenda floral no Monumento a Cabanillas do Paseo da Calzada, e ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Francisco Fernández Rei presentará "O legado Cabanillas, un tesouro para poñer en valor Cambados", seguido dun recital de poemas de Cabanillas e actuacións musicais. Non o perdades e achegádevos a participar nesta merecida homenaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.