O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta tarde un convenio, insuficiente, de colaboración coa Asociación Esperanza Salnés para o desenvolvemento de actividades de Atención Terapéutica de Nenos con discapacidade física ou intelectual.
En total, en virtude do acordo asinado, a Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia dotará con 15.000 euros a esta asociación, que ten entre os seus obxectivos mellorar a calidade de vida dos nenos e mozos de entre 2 e 18 anos que padezan algunha discapacidade física, intelectual, sensorial, parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, incidindo especialmente no eido asistencial e favorecendo a súa integración familiar, social e laboral.
A Asociación Esperanza Salnés conta cunha unidade de atención no concello de Cambados que presta asistencia diaria a nenos e mozos de toda a comarca do Salnés, levando a cabo actividades que melloran a súa calidade de vida.
Lembremos que o PP de Cambados cando estivo gobernando no Concello non logrou arranxar un Convenio anual por non adecuar as instalacións e non tela inscrita perante a Xunta como asociación.
De todos os xeitos, benvidos sexan eses cartos para facer a vida destes rapaces máis agradable.
Agora agardar que reciban as axudas necesarias para desenvolver a sua labor sin as ameazas da falta de cartos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.