TELÉFONOS DE INTERESE

21 de noviembre de 2016

CORES TOURÍS VOLVE TOMAR POSESIÓN DO SEU CARGO














Toman posesión os delegados territoriais, "ollos e oídos" da Xunta

Os delegados territoriais da Xunta tomaron posesión dos seus cargos este luns en Santiago, nun acto no que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, emprazounos a actuar como "os ollos e oídos" do Goberno galego porque son "os primeiros" en obter "a información" de man dos cidadáns.    No acto, celebrado na sede do Executivo galego en San Caetano e coa presenza de todos os conselleiros, tomaron posesión os cinco delegados territoriais da Xunta e tamén o director xeral do Gabinete de Presidencia, Álvaro Pérez López. Tres deles optaron por xurar o seu cargo, mentres que os dous restantes --Cores Tourís e Balseiro-- prometérono.

Feijóo agradeceu ao "decano" dos xefes territoriais, o de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o seu labor ao longo deste últimos oito anos á fronte dunha delegación caracterizada pola súa "absoluta accesibilidade" grazas a "os anos na política local" do cambadés.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.