TELÉFONOS DE INTERESE

15 de noviembre de 2016

ALFONSO RUEDA ACUSADO DE ORGANIZAR O "ESCRACHE" NA DEPUTACIÓN










"O PP na Deputación de Pontevedra é unha oposición adicada ás verbenas porque lles gusta moito o chotis"

O deputado responsable de réxime interno da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, acusou hoxe á oposición do PP na institución provincial de estar "centrada en organizar verbenas porque lles gusta moito o chotis", tras o escrache sufrido esta mañá nas dependencias do Pazo Provincial.
López Font asegurou que detrás desta invasión dun grupo de alcaldes, alcaldesas e deputados e deputadas do PP provincial se atopa o señor Rueda, "verdadeiro ideólogo dun escrache en toda regra, dunha acción intimidatoria e abusiva, que está a converter ó Partido Popular e ó propio Rueda nun antisistema e escrachista, algo que non se pode tolerar na democracia".
Amais, o deputado responsable de réxime interno da institución provincial engadiu que "resulta lamentable que a oposición da Deputación de Pontevedra, algo tan necesario, imprescindible e fundamental na democracia, sexa protagonizada por un partido político que non se preocupa nada pola cidadanía, por atender as súas demandas e ás súas necesidades, senón que se dedica a invadir literalmente, sen ningún tipo de permiso nin autorización, o Pazo Provincial".
López Font sinalou que "este escrache en toda regra, é un verdadeiro ataque á democracia que ven a amosar, unha vez máis, a forma de facer política á que nos ten acostumados o PP e o señor Rueda, o brazo armado de Feijóo na provincia, que se está a converter nun antisistema e escrachista".
Font concluíu subliñando que "todos os argumentos do PP ante esta chantaxe de verbena, ante esta política de presión, perden credibilidade e forza e non merecen nin resposta, porque a acción que levaron a cabo hoxe tomando literalmente o Pazo Provincial é verdadeiramente indigna".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.