Este mes de outubro é o Mes das Bibliotecas, e para celebralo haberá sesións gratuítas de contacontos a cargo de Trinke Trinke e "O coelliño branco", grazas ao programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. O 17 de outubro estarán en Cambados, celebrando o 6º aniversario da reubicación da biblioteca na Casa dos Fraga. Ademais recalarán nas Casas da Cultura das parroquias, empezando o 14 de outubro en Oubiña, o 18 en Castrelo, o 19 en Corvillón e o 20 en Vilariño. As sesións serán as 18:30 hrs
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.