TELÉFONOS DE INTERESE

▼

28 de octubre de 2016

CAMBIO DE HORA NA MADRUGADA DO DOMINGO











Esta fin de semana comeza o horario de inverno. Os reloxos atrasaranse unha hora. Será, coma sempre, na madrugada do sábado ao domingo, cando ás tres serán as dúas na España peninsular. Amencerá antes, anoitecerá máis cedo e o debate sobre este cambio recrúase máis ca nunca. Dúas comunidades, as Baleares e Valencia, piden non efectuar esta medida e manter o horario estival. Parece ser que Mariano Rajoy incluso estuda unha proposta para aliñar o noso fuso horario con Londres. Todo o contrario que Feijóo que onte declarou que era español e non portugués en referencia a que si Galicia debería ter o mesmo fuso horario que Portugal, unha hora menos que na península. 

Un dos argumentos que empregan os defensores de adiantar ou atrasar unha hora o reloxo é o aforro enerxético, ademais doutros como beneficios para o comercio ou a seguridade viaria. Segundo estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), o potencial de aforro en iluminación en España polo cambio de hora pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros. Esta medida adóptase en 70 países de todo o mundo.


Con todo, segundo un informe de 2007 de Rede Eléctrica de España (REE), a empresa que rexistra minuto a minuto a evolución da demanda eléctrica, durante os primeiros días de aplicación da medida detectábase un aforro no consumo eléctrico que se vai diluíndo co paso do tempo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.