O pasado sábado, coas “I Xornadas de Normalización Lingüística”, iniciouse o proxecto Diver-diversidade en Cambados! que implica unha serie de actividades en torno á normalización Lingüística a desenvolver no mes de setembro, aproveitando que o día 26 será o Día Europeo das Linguas. Así, cada sábado deste mes, realizarase unha actividade de dinamización lingüística, de xeito que desde a Concellería de Cultura do Concello de Cambados preténdese colaborar na promoción da lingua galega e ao mesmo tempo dar a coñecer o gran abano de linguas e culturas que conviven no noso concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.