CALENDARIO DA COPA GALICIA DE BASKET NA QUE O XUVEN DEBUTA MAÑÁN
A XXXI edición da Copa Galicia Sénior Masculina comeza esta mesma tarde
de xoves, 8 de setembro; co enfrontamento inicial da Fase Previa entre
Marín Peixe Galego e Básquet Coruña. Ambos equipos son os encargados de
dar saída a unha competición que este ano celebrará a súa Fase Final na
vila de Noia a fin de semana do 24 e 25 de setembro. O Xuven debuta mañán diante do C.O.B. Ourense. Como novidade salientar que este ano xógase nunha liguiña todos contra todos a un partido para dilucidar os semifinalistas dos que sairá o rival do Obradoiro, xa clasificado para a final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.