TELÉFONOS DE INTERESE

▼

11 de julio de 2016

DUAS PERSOAS FERIDAS AO CAER UNHA PONTE EN MEIS











Unha ponte de madeira, situada no concello de Meis, veuse abaixo este mediodía, cando estaban a cruzar sobre ela seis persoas. Dúas delas resultaron feridas: un home sufriu unha fractura nunha man e unha muller levou un golpe nas costelas. Ambos foron trasladados a un centro sanitario por un médico que estaba a participar na ruta de sendeirismo. 

A estrutura danada sitúase nun camiño na contorna do río da Chanca, preto do mosteiro de Armenteira. As persoas afectadas estaban a facer unha ruta de sendeirismo cando sufriron o contratempo. Un dos excursionistas telefonou ao 112 Galicia para explicar o acontecido. O persoal do CAE 112 Galicia informou aos Bombeiros do Salnés, a Protección Civil e á Garda Civil. Os Bombeiros balizaron e sinalizaron a ponte danada para evitar novos incidentes. Segundo explicaron os efectivos de Protección Civil ao 112 Galicia a ponte puido virse abaixo por mor do deterioro causado polo paso do tempo.  









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.