TELÉFONOS DE INTERESE

18 de junio de 2016

XA TEMOS CARTEL PARA A FESTA DO VIÑO ALBARIÑO










Cartel gañador do certame da LXIV Festa Albariño, 

de Emérita Méndez, veciña de Cambados, o resto de 

carteis que concursaron estarán expostos no Salón 

de Plenos ata o Domingo 7 de Agosto.







Emérita Mendez nace en Castro de Rei (Lugo) 

e reside en Cambados desde moi nova.

É licenciada en Hª da Arte Moderno e 

Contemporáneo pola Universidade de Santiago 

de Compostela e en Belas Artes pola 

Universidade de Vigo. 




Conta cunha dilatada carreira como pintora e entre outras destacan as súas exposicións 
-1990: Sala do Concello de Cambados (Pontevedra).
-1991: ‘Poética do Cotián’, Teatro Provincial (Pontevedra).
-1995: Obradoiro de Gravado da Facultade de Belas Artes, Teatro Provincial (Pontevedra), S.T. Técnica Mixta ‘Medidas Variables’, Facultade de Belas Artes (Pontevedra), Primeira Promoción, Facultade de Belas Artes (Pontevedra).

-1996: Concurso de Pintura ‘El Corte Inglés’, Vigo (Pontevedra).
-1997: Concurso ‘Encontro coa Música’, Círculo das Artes (Lugo) e ’72 Ilustres Carpetas’, Sala Ádega Durán, Cambados (Pontevedra).
-1998: ‘Dúas mans de pintura’, Expo-Salnés, Cambados (Pontevedra).


-1999: Galería Horten Reingersburg, Ractisvona (Alemaña),‘Mecánica Popular’ (Santiago de Compostela), ‘Médicos sen Fronteiras’, Sala do Concello, Cambados (Pontevedra), ‘Pontevedra con Centroamérica’, Auditorio Teatro Principal (Pontevedra) e ‘Pontevedra con Centroamérica’ Caixavigo (Vigo).

-2000: Centro Cultural Expo-Salnés, Cambados (Pontevedra).

-2003: Galería Arcana, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), Sala do Concello de Mondariz (Pontevedra) e Café das Áncoras, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
-2004: Hotel 'Puerta del Camino', Galería José Lorenzo (Santiago de Compostela). Establecimientos Otero de Cambados e na Sala Briones de Vilagarcia de Arousa.

Nos últimos tempos rebaixou a sua frecuencia expositora pero sigue deleitándonos co seu traballo. 









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.