TELÉFONOS DE INTERESE
▼
8 de junio de 2016
PECHAN TODAS AS BATEAS DE MEXILLÓN DE GALICIA POR TOXINA
O instituto tecnolóxico mariño Intecmar anunciou hoxe o peche de todas as bateas de mexillón de Galicia e a prohibición de extraer ese molusco tras detectar toxinas lipofílicas.
Nos últimos días foron pechando varios polígonos de bateas en distintos puntos do litoral galego e onte só permanecía aberto o de Redondela C do total de 52 que hai en Galicia, aínda que tamén foi pechado ao constatar nas análises esa toxina.
Na ría de Pontevedra foron pechando ininterrompidamente os oito polígonos entre 21 e o 26 de marzo; en Muros-Noia os catro polígonos están inoperativos desde marzo e abril e o mesmo sucede no polígono de Baiona desde marzo e o de Corme-Laxe desde abril.
Os doce polígonos da ría de Vigo foron pechando no últimos tres meses, mentres que os dous polígonos de Sada cesaron a súa actividade a finais de maio.
Por último, os vinte e catro polígonos da ría de Arousa foron pechando desde abril, aínda que nas súas augas está autorizada a extracción da ostra na zona do Grove A e de Cambados D, aínda que está prohibida na do Grove B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.