Os propios empresarios non son quen de xestionar a Confederación de Empresarios.
A Confederación de Empresarios de Galicia aprobou onte pola tarde o plan de viabilidade que evita que a entidade entre en concurso de acredores.
Con 90 votos a favor, 72 en contra e ningunha abstención, a asemblea xeral da entidade deulle luz verde a un documento que implica o despedimento de 8 empregados dunha plantilla de 20 persoas, a redución de salarios, a petición dun préstamo de 1 millón 200 mil euros e un aval que lles permita afrontar os 648 mil euros que lles reclama a Xunta de Galicia polo PEXGA, o programa de oficinas no exterior da Confederación.
A aprobación deste plan, amais das contas dos anos 2014 e 2015, eran as condicións necesarias para negociar a partir de agora coas entidades financeiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.