No mes de xullo poñerase en marcha o Obradoiro de Emprego “CAMBADOS REXENERACIÓN URBANA E MEDIO AMBIENTE”, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, con dous módulos formativos. Canteria e Xardineria-Forestal.
O Concello para cubrir os referidos postos, vai presentar Oferta de Traballo, na Oficina de Emprego de Cambados. Os requisitos esixidos para a selección do referido persoal , estan establecidos no Convenio asinado entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello e nas Bases Reguladoras e que se expondrán tanto no taboleiro de anuncios do Concello na Casa Consistorial e na páxina web, e tamén na Oficina de Emprego de Cambados
Esta previsto para leva a cabo o proxecto formativo a contración do seguinte persoal, por o periodo de duración do proxecto ( 6 meses )
1 DIRECTOR
2 DOCENTES para a impartición dos referidos módulos
1 TITOR
1 ADMINISTRATIVO
10 ALUMNO-TRABALLADOR XARDINERIA-FORESTAL
10 ALUMNO-TRABALLADOR CANTERIA
Para máis información poderán acudir ó Departamento de Persoal no Concello, no edificio Administrativo da Rúa Ourense 1ª planta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.