TELÉFONOS DE INTERESE

22 de junio de 2016

O CONCELLO URBANIZARÁ A RÚA BIMBIO COA AXUDA DA DEPUTACIÓN









Cambados recibe 20.000 € do Plan Concellos para mellorar os servizos urbanísticos da rúa Bimbio
Xa se entregou preto do 90% do total destinado a Cambados dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 813.619,68 €

A Deputación de Pontevedra, mediante unha resolución presidencial, vén de aprobar unha nova axuda ao concello de Cambados dentro do Plan Concellos 2016, concretamente na liña 1 destinada a investimentos. Nesta ocasión, o concello destinará os 20.000 € entregados pola institución provincial á mellora dos servizos urbanísticos da rúa Bimbio.
No que levamos de 2016, xa foi entregado o 89,9% do total destinado a Cambados dentro do Plan Concellos 2016, situando neste momento o investimento na vila en 813.619,68 €.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.