TELÉFONOS DE INTERESE

17 de junio de 2016

FOMENTO, XUNTA E CONCELLO DE CAMBADOS ACORDAN MODIFICAR OS PLAZOS DA NOVA PLAZADE ABASTOS













A Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra acolleu esta mañá unha reunión entre o Ministerio de Fomento, a Dirección Xeral de Comercio e concello de Cambados na que se aprobou a modificación das anualidades do proxecto de mellora do mercado de abastos desta localidade.
Na reunión estiveron presentes a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, así coma os concelleiros Víctor Caamaño e José Ramón Abal. O encontro cos representantes do Ministerio realizouse por videoconferencia.
Deste xeito, todas as partes se suman ao acordo ao que se chegou na anterior reunión mantida entre a Dirección Xeral de Comercio e o concello de Cambados en maio deste ano. Durante ese encontro as dúas administracións acordaron modificar as anualidades previstas para a execución das melloras da praza de abastos de cara a poder ampliar as mesmas ata o ano 2019. “Para poder executar o proxecto de reforma do mercado é necesario que esta aprobado definitivamente o Plan de Usos de Portos, e esta tramitación aínda levará uns meses, polo que consideramos esencial poder contar con maiores prazos de tempo para poder abordar a execución da obra”, explicou o delegado territorial.

Esta será a única variación do convenio que permitirá poñer en marcha o novo mercado, e que foi firmado polo Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o concello de Cambados e que suporá un investimento conxunto de 3,6 millóns de euros. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.