Un home foi condenado este xoves a dous anos de prisión como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras recoñecer que no ano 2015 entregou droga a cambio dun robot de cociña a un mozo con discapacidade de Cambados.
O fiscal pedía inicialmente que fose condenado a seis anos de prision e o pago dunha multa de 80 euros, ao considerarse que o delito tiña maior gravidade porque proporcionara droga a unha persoa con discapacidade písquica. Se embargo, este xoves o acusado, E.S.B., sentou no banco dos acusados da Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra e saíu condenado coa súa conformidade a unha pena inferior ao considerar o fiscal que non quedou acreditado que o procesado soubese que o seu comprador tiña esa discapacidade.
Ao non considerarse acreditado que el soubese que estaba a fornecer droga a unha persoa cunha limitación importante das súas facultades psíquicas, cognitivas e volitivas, a pena reduciuse a dous anos de prisión e o pago dunha multa de 20 euros.
PRISIÓN POR TRAPICHEAR
Tamén sentou no banco dos acusados como autor dun delito cotra a saúde pública outra individuo acusado de portar sustancias estupefacientes coa intención de vendelas nas inmediacións dunha discoteca de Cambados.
O home conformouse cun ano e medio de prisión e o pago dunha multa tras chegar a un acordo de conformidade co fiscal, Pablo Varela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.