O programa Depotermal 2016 abre o prazo de inscrición dende hoxe ata o 13 de xullo para as interesadas e os interesados que desexen participar nas súas actividades. Coa finalidade de mellorar a calidade de vida e favorecer actividades que fomenten o encontro e o intercambio de experiencias, a Deputación promove esta actividade que inclúe un programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos e un programa termal de pernoctación en establecementos en réxime de pensión completa durante seis días. Máis información: http://ow.ly/EskN301eCKP
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.