TELÉFONOS DE INTERESE

6 de junio de 2016

ABERTO UN PLAZO DE LISTA DE ESPERA PARA O TRÍATLON DE CAMBADOS









Debido á demanda para participar na proba, mañá (07/06/2016) ábrese unha lista de espera por se houbera baixas.
No caso de haber baixas, éstas cubriranse por estricta orde de entrada no correo da Federación, email fegatri@hotmail.com
A proba, datada dende decembro, desenrolarase polo centro de Cambados o dia 18 de xuño desde as 17hrs.

NATACIÓN: 1 VOLTA - 750 m Discorrerá dende as inmediacións do illote de San Sadurniño con saída na auga sobre un percorrido balizado ata a Praia pasando por debaixo do espigón do muelle de Santo Tomé. 
A saída estará situada a 400m da transición. 

CICLISMO: 4 VOLTAS - 20 Km O inicio da proba farase saíndo do muelle de Santo Tomé pola Alameda de Santo Tomé para continuar pola Avenida de Galicia, Ribeira de Fefiñáns e Beiramar chegando ó Porto de Tragove onde será o punto de retorno, volvendo polo mesmo percorrido ata a zona de transición onde se cumpre unha volta. Na cuarta volta entrarase de novo na transición. Percorrido de dureza baixa e pouco técnico. 

CARREIRA A PÉ: 2 VOLTAS - 5 KM O inicio da proba farase dende a transición, situada na escalinata do muelle de Santo Tomé seguindo o paseo Marítimo ata o punto de retorno que estará situado aproximadamente no comezo do muelle de Tragove volvendo polo mesmo paseo ata a zona de partida completando así unha volta. Na segunda volta os corredores entrarán na meta. 
Percorrido de dureza baixa.

A proba estaba limitada á participación de 200 participantes por orden de inscrición. En 5 dias acadouse a cifra dos 200 inscritos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.